Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega

O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) é a axencia de desenvolvemento rexional de Galicia. Foi creada como unha entidade de dereito público adscrito a Consellería de Economía e Facenda de Xunta de Galicia, creado pola Lei 5/1992 de 10 de xuño como un instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia. Entre as funcións encomendadas na súa lei está o promover a creación de empresas en distintos sectores de actividade económica que teñan maior impacto e vantaxes competitivas para o desenvolvemento da economía galega, favorecer a modernización e innovación tecnolóxica e organizativa das empresas galegas, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportación e acordos con empresas estranxeiras así como apoiar e promover calquera tipo de actividades que contribúan á mellora do sistema productivo de Galicia especialmente ás de maior importancia estratéxica.

No desenvolvemento destas funcións crea o portal web www.rede.galiciaexterior.es, Rede Mundial de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega, para facilitar a cooperación, os negocios ou as alianzas entre os empresarios e profesionais galegos ou de orixe galega, e facilitar o acceso a información de interese para este colectivo á marxe do país ou continente onde se atopen. Desta forma, poderán obter mutuos beneficios establecendo relacións de coñecemento e colaboración, de xeito totalmente gratuíto.

Para darse de alta ou entrar coma usuario no rexistro de empresas ou profesionais e introducir ofertas e demandas, debe ir ao Punto de Ofertas e Demandas.

Se quer consultar as altas de empresarios e profesionais existentes, vaia aos seguintes vínculos:

Para ver as ofertas e demandas introducidas polas empresas, pulse no seguinte enlace:

 

AVISO: Se precisa asistencia técnica para acceder ao rexistro de empresas ou profesionais ou para introducir ofertas e demandas, póñase en contacto connosco a través dos seguintes teléfonos: +34 981541127 / +34 902300903 ou do seguinte e-mail: